Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como recursos

AS PITAS DE CARVALHO

Imagen
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Juana de Vega de Oleiros queremos compartir convosco un proxecto pensado para o alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado con Ricardo Carvalho Calero , persoeiro das Letras Galegas 2020 . Por mor da epidemia do COVID-19 moitos dos proxectos non se puideron levar a cabo, entre eles o da Coordenadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra.  "As Pitas Baixo a Choiva" naceu hai un ano coa idea de chegar ás escolas, ás familias e á sociedade. O 23 de febreiro tivo a súa exitosa estrea no Teatro Jofre de Ferrol, pero as excepcionais circunstancias fixeron que a publicación e difusión quedara no aire. Coincidindo co próximo día Das Letras Galegas, queren compartir con todos este proxecto que inclúe o Conto, a Música e Unidades Didácticas. A continuación achegamos o enlace á plataforma onde dispuxeron todo o material de forma gratuíta: http://aspitas.gal Un saúdo e bo día Das Letra Galegas!!!!!

RETO CARVALHO CALERO

Imagen
RICARDO CARVALHO CALERO Mirade que favorecido quedou Carvalho Calero nesta versión dos Bolechas! Que artista é Pepe Carreiro! Estas son as primeiras páxinas dun libro titulado “Scórpio” que escribiu Carvalho Calero no ano 1987 e que recibiu o Premio da Crítica da narrativa galega ese mesmo ano. Pepe Carreiro adaptouna para a colección dos Bolechas, que tanto nos gustan! Ademais, atoparás a Biografía do autor e un Minidiccionario con palabras que aparecen na historia moi especiais. Anímate a lelo!  Aquí tes o enlace: Conto Scórpio ATRÉVESTE CO RETO CARVALHO CALERO? Aquí tes os xogos: RETO 1:  Canto recordas da historia de Scórpio? RETO 2:  Como escribía Carvalho Calero? RETO 3:  Rosco pasapalabra: Que recordas da biografía de Carvalho Calero? “O galego é unha lingua universal”-Ricardo Carvalho Calero.

RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN

Imagen
Un equipo de mestres e mestras do C.E.I.P. de Galán pon á nosa disposición todos os anos os seus traballos nunha magnífica páxina web. Tedes aquí todos os recursos que vos poden interesar para achegarnos á vida de Carvalho Calero desde que era un bebé . Tamén aprenderemos sobre a súa obra literaria (novelas, ensaios, poesía, teatro). E sobre o importante que foi para darlle un impulso definitivo á dignidade da nosa lingua, a lingua galega. 

CARVALHO CALERO NA ACADEMIA GALEGA

Imagen
Como xa saberedes, é a Real Academia Galega a que propón, desde o ano 1964 un autor ou unha autora para homenaxear no día 17 de maio. Neste curso, as circunstancias son moi especiais, pero na súa páxina atopamos moita información e recursos que podemos utilizar para achegarnos a don Ricardo. Preme aquí para acceder.