Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Letras Galegas

O reto da Raposa Fedella

Imagen
Xa sabedes que na Cidade da Cultura de Santiago hai unha raposa que pasa o día a fedellar. E, como ela é moi curiosa e sabichona, anda a enviarnos retos. Este é o reto sobre Carvalho Calero que propón esta semana. Xa sabedes que estes retos son máis divertidos se os resolvedes en familia.

Dígocho eu!

Imagen
Se non sodes seguidores da TVG estades perdendo a oportunidade de mellorar o voso galego a pequenas doses e con moito humor. O programa "Dígocho eu!" non dura máis alá de 3 minutiños -por norma xeral- e está presentado por Esther Estévez. Podedes ver un pouquiño do que vai este programa se premedes aquí .  Sería imperdoábel que un espazo coma este non se dedicara a falar dun gran mestre da lingua como Carvalho Calero. Por iso imos reproducir aquí os tres monográficos que emitiron durante a fin de semana. Moi úteis para coñecer o traballo de don Ricardo.  Este foi emitido o venres, día 15. Fálanos do concepto de "reintegracionismo". O sábado, día 16, emitiron o segundo #especial reintegracionismo sobre Carvalho Calero, para "palpar" as diferenzas entre o "galego normativo" e o "galego reintegracionista". Veredes de que forma tan divertida o explican: E por fin, no terceiro, publicado no mesmo "Día das letras", rematan ...