Dígocho eu!

Se non sodes seguidores da TVG estades perdendo a oportunidade de mellorar o voso galego a pequenas doses e con moito humor. O programa "Dígocho eu!" non dura máis alá de 3 minutiños -por norma xeral- e está presentado por Esther Estévez. Podedes ver un pouquiño do que vai este programa se premedes aquí
Sería imperdoábel que un espazo coma este non se dedicara a falar dun gran mestre da lingua como Carvalho Calero. Por iso imos reproducir aquí os tres monográficos que emitiron durante a fin de semana. Moi úteis para coñecer o traballo de don Ricardo.  Este foi emitido o venres, día 15. Fálanos do concepto de "reintegracionismo".

O sábado, día 16, emitiron o segundo #especial reintegracionismo sobre Carvalho Calero, para "palpar" as diferenzas entre o "galego normativo" e o "galego reintegracionista". Veredes de que forma tan divertida o explican:
E por fin, no terceiro, publicado no mesmo "Día das letras", rematan explicando en que se nota isto cando temos que escribir en galego:

Comentarios

Entradas populares de este blog

RETO CARVALHO CALERO

AS PITAS DE CARVALHO

O reto da Raposa Fedella