Entradas

O reto da Raposa Fedella

Imagen
Xa sabedes que na Cidade da Cultura de Santiago hai unha raposa que pasa o día a fedellar. E, como ela é moi curiosa e sabichona, anda a enviarnos retos. Este é o reto sobre Carvalho Calero que propón esta semana. Xa sabedes que estes retos son máis divertidos se os resolvedes en familia.

Dígocho eu!

Imagen
Se non sodes seguidores da TVG estades perdendo a oportunidade de mellorar o voso galego a pequenas doses e con moito humor. O programa "Dígocho eu!" non dura máis alá de 3 minutiños -por norma xeral- e está presentado por Esther Estévez. Podedes ver un pouquiño do que vai este programa se premedes aquí .  Sería imperdoábel que un espazo coma este non se dedicara a falar dun gran mestre da lingua como Carvalho Calero. Por iso imos reproducir aquí os tres monográficos que emitiron durante a fin de semana. Moi úteis para coñecer o traballo de don Ricardo.  Este foi emitido o venres, día 15. Fálanos do concepto de "reintegracionismo". O sábado, día 16, emitiron o segundo #especial reintegracionismo sobre Carvalho Calero, para "palpar" as diferenzas entre o "galego normativo" e o "galego reintegracionista". Veredes de que forma tan divertida o explican: E por fin, no terceiro, publicado no mesmo "Día das letras", rematan

AS PITAS DE CARVALHO

Imagen
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Juana de Vega de Oleiros queremos compartir convosco un proxecto pensado para o alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado con Ricardo Carvalho Calero , persoeiro das Letras Galegas 2020 . Por mor da epidemia do COVID-19 moitos dos proxectos non se puideron levar a cabo, entre eles o da Coordenadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra.  "As Pitas Baixo a Choiva" naceu hai un ano coa idea de chegar ás escolas, ás familias e á sociedade. O 23 de febreiro tivo a súa exitosa estrea no Teatro Jofre de Ferrol, pero as excepcionais circunstancias fixeron que a publicación e difusión quedara no aire. Coincidindo co próximo día Das Letras Galegas, queren compartir con todos este proxecto que inclúe o Conto, a Música e Unidades Didácticas. A continuación achegamos o enlace á plataforma onde dispuxeron todo o material de forma gratuíta: http://aspitas.gal Un saúdo e bo día Das Letra Galegas!!!!!

RETO CARVALHO CALERO

Imagen
RICARDO CARVALHO CALERO Mirade que favorecido quedou Carvalho Calero nesta versión dos Bolechas! Que artista é Pepe Carreiro! Estas son as primeiras páxinas dun libro titulado “Scórpio” que escribiu Carvalho Calero no ano 1987 e que recibiu o Premio da Crítica da narrativa galega ese mesmo ano. Pepe Carreiro adaptouna para a colección dos Bolechas, que tanto nos gustan! Ademais, atoparás a Biografía do autor e un Minidiccionario con palabras que aparecen na historia moi especiais. Anímate a lelo!  Aquí tes o enlace: Conto Scórpio ATRÉVESTE CO RETO CARVALHO CALERO? Aquí tes os xogos: RETO 1:  Canto recordas da historia de Scórpio? RETO 2:  Como escribía Carvalho Calero? RETO 3:  Rosco pasapalabra: Que recordas da biografía de Carvalho Calero? “O galego é unha lingua universal”-Ricardo Carvalho Calero.

RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN

Imagen
Un equipo de mestres e mestras do C.E.I.P. de Galán pon á nosa disposición todos os anos os seus traballos nunha magnífica páxina web. Tedes aquí todos os recursos que vos poden interesar para achegarnos á vida de Carvalho Calero desde que era un bebé . Tamén aprenderemos sobre a súa obra literaria (novelas, ensaios, poesía, teatro). E sobre o importante que foi para darlle un impulso definitivo á dignidade da nosa lingua, a lingua galega. 

CARVALHO CALERO NA ACADEMIA GALEGA

Imagen
Como xa saberedes, é a Real Academia Galega a que propón, desde o ano 1964 un autor ou unha autora para homenaxear no día 17 de maio. Neste curso, as circunstancias son moi especiais, pero na súa páxina atopamos moita información e recursos que podemos utilizar para achegarnos a don Ricardo. Preme aquí para acceder.